CRTVG

Buscar

Ciudadanos designa a ex-deputada do PP Montse Lama para a Deputación de Ourense

Publicado o 19/06/2019 11:59
Ciudadanos designa a ex-deputada do PP  Montse Lama para a Deputación de Ourense

A ex-deputada do PP de Ourense, Montse Lama, é a deputada designada por Ciudadanos para a Deputación de Ourense, onde a formación laranxa logrou un escano nas eleccións municipais.

O secretario de Organización de Ciudadanos en Galicia, Laureano Bermejo, fixo pública a designación este miércoles, nunhas declaracións aos medios á entrada da sede xudicial, onde entregou a documentación da edil de Xinzo de Limia. Laureano Bermejo estaba acompañado da deputada electa e do voceiro da formación local, José Araújo, e de representantes do partido.

Laureano Bermejo avanzou que a formación que Ciudadanos exercerá un importante labor de oposición, "firme e clara", tanto na deputación como no concello de Ourense. Engadiu que o traballo de Montse Lama vai ser "moi importante despois do que vimos no último pacto, que eu chamaría o pacto da vergoña e da traizón por parte de Democracia Ourensana", partido ao que acusou de facer primar os seus intereses persoais por enriba dos dos cidadáns. "Á vista está que ese é pacto de cadeiras para manterse por egoísmos persoais e para conseguir un posto", enfatizou o secretario de organización de Ciudadanos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019