Ciudadanos contacta co PPdeG para convencelo da coalición
A dirección de Ciudadanos púxose en contacto co PP galego para tentar convencer os populares de que acepten a súa proposta de coalición, despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se queixara de que non llo expuxeron a el directamente e rexeitara esa fórmula electoral.
Segundo confirmaron a Efe fontes da xestora de Cs, falaron por teléfono coa executiva do PP galego para explicarlle a súa idea de iren xuntos aos comicios; a dirección autonómica popular respondeulles que esta cuestión a leva persoalmente Feijóo e que o presidente galego se poñerá en contacto con Cs nos próximos días.
Dende o Partido Popular matizan as informacións de Ciudadanos. Fontes da formación aseguran que houbo unicamente un contacto e que foi atendido. Non desbotan máis contactos. O PP instou a Ciudadanos a que se integren na sua candidatura, pero non baixo a fórmula da coalición.