CRTVG

Buscar

Ciudadanos, chave para varios gobernos, rexeita tripartitos con Vox

Publicado o 30/05/2019 15:24

A enquisa do CIS chega en plenas negociacións cruzadas para formar gobernos nas principais institucións. Ciudadanos é decisivo para decidir a cor de varios executivos, e o partido de Rivera advirte que non quere tripartitos nin negociacións con Vox.

O número tres do PSOE cre que nun futuro goberno de Sánchez poderían entrar membros de Podemos, pero non coa fórmula de coalición.


Unha abstención de Ciudadanos facilitaría a investidura, pero nesta partida de xadrez tamén entran os gobernos de comunidades autónomas e alcaldías clave. Así que a presión sobre o partido de Rivera aumenta dende todas as frontes. O PSOE precísao para Castela-León, Aragón e Madrid, onde Errejón tamén os invita a sumarse a un pacto. E o PP pídelle a Ciudadanos que sente falar con Vox, que quere facer valer o seu apoio.

Ciudadanos responde que non formarán tripartitos nin negociarán con Vox.

Ao tempo, o partido laranxa comprométese a desaloxar a Carmena da alcaldía de Madrid, mentres discrepa coa proposta de Valls para manter a Colau e evitar un alcalde independentista en Barcelona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/05/2019