CRTVG

Buscar

Ciudadanos asegura que non fará ningún tipo de negociación con Sánchez

Publicado o 29/04/2019 20:48

Ciudadanos pasou dos 32 escanos de 2016 aos 57 de hoxe, obtendo case catro millóns de votos. Queda a un punto e nove deputados do Partido Popular, e, ademais, supérao en cinco comunidades autónomas, entre elas as máis poboadas, Madrid e Andalucía. 

A suma de PSOE e Ciudadanos sería a única maioría clara no Congreso dos Deputados, con 176 escanos, pero polo de agora Albert Rivera segue pechando esa posibilidade. Di que non pactará con Pedro Sánchez e que tentará liderar a oposición a un eventual goberno dos socialistas con Unidas Podemos e os nacionalistas.

E esta mañá volveu repetilo Inés Arrimadas: "Sánchez ten o goberno feito con Pablo Iglesias e o apoio dos nacionalistas. Sábeo todo o mundo. Non sei se queren facerse os remolóns antes da campaña das municipais e autonómicas. Non vai haber ningún tipo de negociacións para un goberno, ningún tipo de negociacións para unha investidura, ningún tipo de negociacións que facilite que o señor Sánchez chegue outra vez á Moncloa da man de Iglesias e dos partidos nacionalistas".

Noticias web

29/04/2019