Ciudadanos apoiará a comisión de investigación ao PP polo caso Kitchen
Publicado o 11/09/2020 16:24

Coñecemos novos datos na operación Kitchen, que investiga a suposta espionaxe ao ex-tesouseiro do PP Luis Bárcenas.
O diario El Mundo publica hoxe diversas mensaxes que Bárcenas tería intercambiado co daquela presidente Mariano Rajoy. Para conseguilas, o seu chofer rouboulle o móbil, que clonaron despois axentes de Policía Nacional. Eses datos acabaron en mans do que era número dous de Interior, Francisco Martínez, agora imputado no caso. Sobre este asunto, Ciudadanos anunciou que vai apoiar a creación dunha comisión de investigación no Congreso.