CRTVG

Buscar

Citan para un cribado 7.700 veciños de Fene, o 60 % da súa poboación

Publicado o 05/02/2021 18:54
Citan para un cribado 7.700 veciños de Fene, o 60 % da súa poboación

O Concello de Fene anunciou este venres que o Servizo Galego de Saúde levará a cabo desde o vindeiro luns un cribado entre 7.700 persoas, o 60 % da súa poboación, para a detección de casos de covid-19 no municipio. O cribado realizarase a persoas que teñen entre 15 e 65 anos de idade, que recibirán "cita previa" a través de SMS, usuarios todos eles tanto do centro de saúde do centro urbano como da parroquia rural de Maniños.

Por outra banda, o Concello de Ortigueira solicitou este venres un novo cribado para detectar casos de covid-19 na súa zona rural tras concluír o mércores un primeiro proceso que se cinguiu a usuarios do centro de saúde do centro urbano. O alcalde, Juan Penabad, indicou que se citou só veciños con tarxeta sanitaria no centro de Ortigueira, cando a súa contorna rural concentra gran parte da poboación. Con 5.600 habitantes e 209 quilómetros cadrados, é un dos municipios máis extensos de Galicia. 

Noticias web

05/02/2021