CRTVG

Buscar

Citan como investigados a técnicos do Concello e do Porto de Vigo polo accidente do Marisquiño

Publicado o 04/10/2019 17:56

• A xuíza censura a falta de mantemento en 30 anos

O xulgado de Vigo que se ocupa do accidente acontecido no festival O Marisquiño citou a declarar como investigados a directora do Porto e dous técnicos municipais. No auto que hoxe se fixo público, en concreto, chama o xefe de Vías e Obras e o de Urbanización e Infraestruturas. Ademais de citala como responsable civil, a maxistrada pídelle á directora do Porto que aclare o contrato coa empresa organizadora do festival e que identifique o técnico encargado da supervisión das infraestruturas en agosto de 2018 cando colapsou parte do peirao en que se celebraba un concerto. A xuíza di que en 30 anos desde a súa construción, nin o Porto nin o Concello realizaron inspeccións ou obras de mantemento no paseo das Avenidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019