CRTVG

Buscar

Citan a declarar como investigado o exxefe de gabinete de Laya pola entrada do líder da Fonte Polisario en España

Publicado o 11/08/2021 15:14
Citan a declarar como investigado o exxefe de gabinete de Laya pola entrada do líder da Fonte Polisario en España

O xuíz imputa o exnúmero dous do Ministerio de Asuntos Exteriores pola entrada en España do líder da Fronte Polisario.

Camilo Villarino, exxefe de gabinete de Arancha González Laya, terá que declarar o vindeiro 1 de setembro para esclarecer se Brahim Ghali entrou no país co seu pasaporte persoal. Un informe da Garda Civil revela que o líder da Fronte Polisario saíu do aeroporto sen controis e que utilizou a sala de autoridades.

A entrada de Gahli en España desencadeou unha crise diplomática entre España e Marrocos.

Noticias web

11/08/2021