Citan 4.500 monfortinos para un cribado poboacional
Un total de 4.500 veciños de Monforte foron citados a un cribado masivo.
O persoal sanitario explícalles aos veciños que se achegan en coche como hai que facer a proba. "En xaxún ten que depositar a saliva neste bote". Levan para a casa o kit para recoller a mostra de cuspe que logo entregarán o domingo.
"A mostra teñen que recollela o dia de entrega para aumentar as posibilidades do resultado", explica Mihaela Alina Gune, Voluntaria da Cruz Vermella.
Alguns acoden co nerviosismo da primeira vez.
"É a primeira vez, un pouco nerviosa".
Outros contentos por poder colaborar para frear a transmisión do virus. No muncipio diagnosticáronse máis de 200 casos nos últimos catorce días.
"Eu creo que debería vir todo o mundo e polo ben de todos"; "Para atallar o problema dunha vez por todas".
A PCR de saliva é moi sinxela de realizar e eficaz na detección de asintomáticos.
"Prefiro esta proba é máis cómoda"; "Moito máis cómoda esta".
A provincia segue a mesma tendencia que o resto de Galicia, baixan os contaxios pero a presión asistencial segue sendo alta.
"O que máis nos preocupa é a presión que temos nas UCI, aí a presión asistencial segue sendo alta. Se non segue medrando no resto do hospital, esperamos en poucos días comenzar a baixar nas unidades de críticos", di o xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña, Ramón Ares.
Mañá tamén se fará un cribado a toda a comunidade educativa do IES Río Cabe en que se rexistraron 26 contaxios.