CRTVG

Buscar

Citadas para un cribado na área de Pontevedra-O Salnés máis de 5.000 persoas de 15 a 39 anos

Publicado o 03/07/2021 14:43

No covid-auto anexo ao hospital provincial de Pontevedra, esta mesma mañá, os coches non paran de chegar. Son contactos directos dalgún deses 413 positivos en coronavirus que hai hoxe na área sanitaria Pontevedra-O Salnés. Ao outro lado do hospital buscamos o punto de cribado para os que están viculados ao gran gromo de Mallorca, que xa deixa 139 casos en Galicia dos que 125 son en Pontevedra e 14 no Salnés. Hoxe é a quenda dos centros Carlos Oroza e Valle Inclán.

 Dos 300 que estaban citados este sábado á mañá non acudiron nin a metade.

Mañá, á tarde, neste mesmo punto, están chamados a facer unha proba PCR 158 adolescentes entre 15 e 19 anos, tamén vinculados ao gromo de Mallorca.

Noticias web

03/07/2021