As termas de Outariz e Prexigueiro, con cita previa
E tamén funcionan xa as termas privadas de Ourense. De momento a medio gas, adaptándose aos protocolos de seguridade e hixiene e controlando a súa cabida. Os bañistas deben ademais solicitar cita previa antes de acudir.
Xa había ganas de volver gozar das augas termais de Ourense.
Unhas das novidades é que os bañistas teñen que pedir cita previa. Por agora están adaptándose aos protocolos de seguridade e hixiene e controlando a súa cabida, que non pode exceder o 30 por cento. E en en todo o recinto hai que gardar a distancia de seguridade.
Cada grupo non pode superar as 60 persoas e farano en quendas de dúas horas para que poidan desinfectar por completo as instalacións. Tanto en Outrariz coma en Prexigueiro, en Ribadavia, comezan a recibir as primeiras reservas.