Artesáns oleiros amosan os seus segredos no Encontro cacharreiro de Niñodaguia
Publicado o 16/08/2019 17:00
Encontro cacharreiro na localidade de Niño Daguia, no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo. Unha ducia de artesáns oleiros, de distintos puntos de Galicia e Portugal, amosan os segredos deste oficio tradicional sentenciado trala chegada do plástico.
Hai tan só tres décadas nesta pequena aldea ourensá había 24cachaerreiros. Case todas a vivendas contaban cun forno coma este onde coceras pezas de oleiría que despois vendía de xeito ambulante … hoxe Agustín é un dos poucos que quedan en activo.
Un barro que hai que tatar con mimo para darlle forma. hoxe os máis pequenos aprenden os segredos deste oficio de mans expertas. O encontro alongarase durante toda a fin de semana con demostracións en vivo e mostra de artesanía.