Case a metade da poboación apoia a vacina obrigatoria en España, segundo o CIS
Publicado o 17/10/2021 12:34
Case a metade da poboación española, un 48,9 %, está a favor da vacinación obrigatoria contra a covid. É o resultado da enquisa do CIS, o Centro de Investigación Sociolóxicas, deste mes de outubro. Entre os motivos que alegan para inclinarse por esta opción está a "efectividade do soro".
Ademais, un 24,6 % da xente que participou no estudo considera que non hai que obrigar a ninguén e un 23 %, que depende dos casos.
Máis de 37 millóns de persoas teñen a pauta completa da vacina en España, un 78 % da poboación total, e case o 90 % das persoas maiores de 12 anos, é dicir, da poboación diana.