CRTVG

Buscar

Circulaba a 140 km/h polo centro de Vigo e sen carné

Publicado o 15/05/2019 15:41

Un motorista foi condenado a dous anos de cárcere por circular a 140 km/h polo centro de Vigo. O home tiña retirado o carné, por un homicidio por imprudencia. 

O incidente prodúcese tres anos despois de ser condenado a 4 anos e 9 meses de cárcere pola morte dunha moza que viaxaba de copiloto no seu coche, cando se esnafrou contra un camión. O home conducía ebrio e drogado.

No último caso protagonizou unha espectacular persecución policial polo centro de Vigo. O mozo acabou batendo contra un coche patrulla que lle bloqueou o paso, despois de saltar varios semáforos, poñendo en perigo a seguridade dos demais condutores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019