CRTVG

Buscar

Buscan un condutor que se gravou a máis de 200 km/h en Ponteceso

Publicado o 23/07/2019 22:14

En Ponteceso, un condutor que excedía e moito a velociade permitida. Máis de 200 km/h. A Garda Civil pide colaboración cidadá para identificalo.

Un vídeo colgado nas redes delatou a infracción deste condutor dun Audi que circulaba a 201 quilómetros por hora nunha zona da localidad coruñesa de Ponteceso limitada a 80. O vídeo fíxose viral e foi detectado pola Garda Civil, que pide agora a colaboración cidadá para identificar e localizar o condutor temerario que superaba amplamente a velocidade permitida, poñendo en risco a súa seguridade e tamén a doutros condutores.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019