CRTVG

Buscar

Cincuenta empresas e asociacións participan en Vigo na Feira de Emprego Universitario

Publicado o 23/10/2019 13:05

A Feira de Emprego Universitario é resultado da colaboración entre as universidades de Vigo, O Porto e Tras-os-Montes. En abril pasado celebrou un primeiro evento virtual a través da Rede, e hoxe remata o encontro presencial en Vigo entre alumnos, titulados superiores e empresas, que terá continuidade dentro dunha semana no Porto.

Os asistentes salientan a importancia deste tipo de iniciativas á hora de que cada perfil atope o posto de traballo máis axeitado ás súas capacidades.

Todos os sectores empresariais están representados na feira, que conta por primeira vez coa presenza de compañías tecnolóxicas e grupos de investigación e desenvolvemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/10/2019