CRTVG

Buscar

Cinco xogadores do Obradoiro anotan máis de dez puntos no triunfo ante o Betis

Publicado o 13/05/2018 15:34

En baloncesto o Obradoiro superou un trámite ante un Betis que tras o descanso desapareceu da pista do SAR. Descende o Betis e tamén esta mañá o Bilbao tras 14 temporadas na ACB. 

Matt Thomas, 14 puntos; Corbacho e Pustovyi, 13 cada un; 12 de Radovic e 11 de Ben Simons. Cinco xogadores achegaron máis de dez puntos no triunfo do Obradoiro ante o Betis. Foi o máis salientable dun partido con pouca historia. O Obradoiro chegaba salvado e o Betis, descendido. Logo dun primeiro cuarto igualado, os de Moncho Fernández abriron oco no segundo, marcharon ao descanso 11 arriba, e sentenciaron no terceiro.

"No terceiro cuarto todo mudou. Deixamos de competir, houbo xogadores que non estiveron, que se desenchufaron ou que non quixeron estar", criticou o adestrador do Betis, Javier Carrasco.

O técnico do Obradoiro, Moncho Fernández, valorou "moito o feito de estarmos moitos puntos arriba e seguir correndo, punteando, defendendo... Esa debe de ser e, de feito, é o noso sinal de identidade".

Porque o Obradoiro só afrouxou un pouco no derradeiro cuarto, cando o partido estaba máis que resolto e a terceira vitoria consecutiva, no peto.

 

Noticias web

13/05/2018