Cinco xeracións de farmacéuticos nos 150 anos da botica Ossorio da Coruña
Publicado o 20/09/2021 15:08
Século e medio dispensando medicamentos e demais produtos de botica a milleiros de coruñeses. A farmacia Ossorio celebra este luns este aniversario tan especial dun xeito poderiamos dicir que pintoresco. Estes días atenden vestidos para a ocasión, os seus clientes. Queren celebrar dun xeito especial os 150 anos que esta familia leva atendendo unha morea de coruñeses.
Contan que a actividade de finais do século XIX pouco ten que ver coa de agora. Naqueles anos nos existían os preparados dos laboratorios e elaboraban todo na farmacia. Desde aquela, por esa botica da rúa San Nicolás xa pasaron cinco xeracións da familia Ossorio. Agora Lucas é o pequeno dos Ossorio, e quen sabe se formará parte da sexta xeración de farmacéuticos desta familia.