CRTVG

Buscar

Cinco voluntarios dos EUA admiten efectos secundarios nas vacinas contra o coronavirus

Publicado o 07/10/2020 14:09

Cinco dos voluntarios estadounidenses que probaron as vacinas contra o coronavirus que desenvolven as empresas Moderna e Pfizer experimentron efectos secundarios como febre, dor de cabeza e cansazo.

Ambas as dúas farmacéuticas admitiron que son síntomas semellantes aos que se asocian ao coronavirus, pero que non o consideran perigoso por tratarse de algo habitual neste tipo de investigacións.

Os cinco voluntarios anónimos admitiron que pagaba a pena soportar as molestias que experimentaron para protexerse do coronavirus.


 

Noticias web

07/10/2020