CRTVG

Buscar

Cinco vivendas do barrio ferrolán de Recimil recuperan a subministración eléctrica tras unha semana

Publicado o 28/09/2021 13:16

Veciños dun edificio situado na praza de España de Ferrol estiveron case unha semana sen subministración eléctrica. O pasado mércores pola noite quedaron sen luz tras un incendio na instalación que, desde o Concello, atribúen á existencia de varias conexións ilegais.

O edificio é propiedade municipal, coma todo o barrio de Recimil. Hai once vivendas, pero a falta de electricidade só afectou cinco e o ascensor tamén seguiu funcionando. Entre os inquilinos hai persoas maiores, algunhas encamadas.

Os que puideron buscaron aloxamento temporal na casa de familiares. Electricistas do Concello acudiron esta mañá para restablecer o servizo. É un amaño provisional, mentres non se repare toda a instalación eléctrica.

Noticias web

28/09/2021