CRTVG

Buscar

Cinco triunfos seguidos disparan o Porriño na pelexa por evitar o descenso

Publicado o 02/05/2021 10:37

No balonmán, o Atlético Guardés sacou un empate a 27 de Elxe na súa loita polo título. E o Conservas Orbe Rubensa Porriño lidera o grupo polo descenso logo de derrotar na casa ao Pereda por 25 a 18. Logo dunha primeira metade igualada, que rematou 12 a 10 a prol das galegas, na segunda parte foron aumentando a renda ata os sete goles do final. Mónica Soares comandou o apartado anotador, con seis tantos.