CRTVG

Buscar

Cinco radares galegos, entre os que máis multan de toda España

Publicado o 09/06/2021 15:14

Entre a lista de radares que máis sancionan en España, cinco deles están en Galicia. O que máis multou durante o ano pasado está na AC-11 na Coruña.

Na listaxe da DXT incorpóranse dous novos situados no acceso a Vigo, no concello de Mos na A-55, e a escasos dous quilómetros un do outro. O primeiro está nas curvas de Tameiga, cunha limitación de 60 e recolleu máis de 14.000 denuncias por exceso de velocidade. O que está nesta mesma autovía, un pouco máis adiante outras 13.000.

O número un en infraccións na nosa comunidade está na Coruña. Con case 20.000 denuncias este radar ocupa o lugar dezasete a nivel nacional. Séguelle o da A-8 na zona de Abadín, e pecha a listaxe en Galicia o da A-55 preto do túnel do Folgoso, con 11.100 denuncias. 

 

Noticias web

09/06/2021