CRTVG

Buscar

Cinco positivos de usuarios nunha residencia de maiores de Pontevedra elevan a 52 os contaxiados en Galicia

Publicado o 09/08/2021 12:45
Cinco positivos de usuarios nunha residencia de maiores de Pontevedra elevan a 52 os contaxiados en Galicia

Os cinco positivos por covid-19 detectados nunha residencia de maiores de Pontevedra elevan a 52 os usuarios contaxiados en 10 destes centros na comunidade galega. Segundo os datos actualizados polas consellerías de Política Social e Sanidade este luns, detectáronse cinco positivos na residencia Soremay de Pontevedra, centro que se incorpora á lista.

O centro con máis usuarios contaxios é a residencia Val de Monterrei (Ourense), con 18 positivos. En canto ás residencias de atención á discapacidade, mantéñense 31 casos de covid en usuarios, todos eles no Fogar e Clínica de San Rafael de Vigo.

 

Noticias web

09/08/2021