Cinco persoas mortas e ducias de feridos nun accidente con cen coches implicados en Texas
Publicado o 12/02/2021 08:53
O accidente cuns cen coches implicados nunha autoestrada nos Estados deixa polo menos cinco persoas mortas.
Foi nunha vía interestatal ao norte de Fort Worth, Texas. O balance provisional di que trinta e seis persoas quedaron feridas.
O accidentes deixa a imaxe de ducias de coches e camións amoreados na parte central da infraestrutura. Ao parecer, un par de condutores perderon o control do coche ao encontrarse sobre placas de xeo e contra eles foron batendo os demais.
O servizo de meteoroloxía advertira do risco de precipitación de chuvia xeada e auganeve na zona.