Tres persoas feridas ao esnafrarse contra a súa mesa un coche sen condutor
As tres persoas, todas da mesma familia, foron atendidas no lugar e trasladadas posteriormente a centros hospitalarios lucenses
Nunha parroquia de Vilalba estaban de festa cando un coche que estaba estacionado no medio do prado enfiou contra a carpa.
Tres persoas que estaban agardando para xantar viron que o vehículo se ía contra elas pero non puideron escapar.
O suceso causoulles distintas feridas, pero afortunadamente non foron de gravidade. Dúas das persoas accidentadas foron atendidas no lugar e outra desprazouse en ambulancia ao hospital de Lugo. As tres son da mesma familia e xa están recuperadas. O suceso non impediu que a festa continuase.
A Garda Civil investiga como se produciu o accidente. Todo apunta a que se puido deber a un fallo mecánico ou a un erro á hora de estacionar o coche.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí