CRTVG

Buscar

Cinco persoas falecidas e sete feridas no incendio dun edificio en Estrasburgo

Publicado o 27/02/2020 08:24
Cinco persoas falecidas e sete feridas no incendio dun edificio en Estrasburgo
Cinco persoas faleceron e outras sete quedaron feridas nun incendio que se declarou esta madrugada nun inmoble de sete pisos na cidade francesa de Estrasburgo. O oco da escaleira do edificio viuse invadido por un espeso fume sobre a 01:00 hora da madrugada, o cal obrigou aos bombeiros a numerosas operacións de salvamento, segundo indicaron nun comunicado.
Polo momento, descoñécense os motivos do incendio, que está a ser investigado polas autoridades. Os feridos atópanse en estado de "gravidade", indicaron os bombeiros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí