CRTVG

Buscar

Cinco ovellas mortas nun ataque do lobo en Monterrei

Publicado o 17/10/2020 21:01

Deste xeito amosa Manuel os estragos provocados esta noite polo lobo.

Dende a recta final do confinamento as súas ovellas eran toda unha sensación na aldea da Pousa. Pedírallas a súa nai como agasallo de fin de curso. E xa dende un principio acordou cos veciños levalas os seus pastos para conservar limpas as leiras e o mesmo tempo manter os animais ben alimentados. Conta que a visita do lobo levou por diante toda a ilusión e o traballo destes meses.

As ovellas durmían nunha leira a carón da súa casa cando foron atacadas. O lobo chegou desta volta mesmo o pé das vivendas saltando o valado sen dificultade. Os veciños non queren que Manuel se desanime e apostan porque retome a actividade canto antes.

E a eso andan na procura de ideas para botarlle unha man e coidan que non tardarán en dar co mellor xeito de axudalo.

Noticias web

17/10/2020