CRTVG

Buscar

Cinco novos decesos elevan a 1.332 as mortes por coronavirus en Galicia

Publicado o 17/12/2020 20:41
Cinco novos decesos elevan a 1.332 as mortes por coronavirus en Galicia

O Servizo Galego de Saúde notificou na xornada de hoxe cinco novos falecidos por mor da covid-19.

No CHUAC falecían dous homes de 81 e 92 anos e no CHUO un home de 83 anos. Ademais, unha muller de 84 anos procedente da Residencia de Vilalba falecía no CHUS. Por último, unha muller de 89 anos faleceu na Residencia Vila do Conde de Gondomar. Segundo notifica o Sergas, todos eles presentaban patoloxías previas.

Desta forma, o total de falecidos desde o comezo da pandemia ascende a 1.332.