CRTVG

Buscar

A Revista

Cinco mulleres arxentinas, de ascendencia galega, están a triunfar nos escenarios de Bos Aires e do mundo cantando tango

Publicado o 19/01/2017 12:45
Imos agora coñecer cinco mulleres que son arxentinas de nacemento, pero galegas de corazón e que triunfan nos escenarios de Bos Aires e do mundo cantando tango.


Queda claro por calquera recanto da cidade que Bos Aires é tango, pero tamén que hai un sentimento de galeguidade desbordante nas súas rúas. Hoxe, no emblemático Café Tortoni da capital riopratense coñecemos ás voces galegas do tango porteño.

FRAGMENTO TANGO ESCENARIO
CORTE 1: Marisol Acebedo - cantante de tango de ascendencia galega

"A galeguidade co tango é esa nostalzia que teñen os galegos tan típica, que se pode levar á xestualidade e expresividad que ten o tango tan significativa".


CORTE 2: Stella Díaz - Cantante galego-arxentina de tango


"O tango é unha música superior".


CORTE 3: Marisa Vázquez - Cantante de tango de ascendencia galega


"É a añoranza do que se tivo que desarraigar e que se tivo que ir a outro lugar e vive soñando con volver".


FRAGMENTO VOLVER


Estas cinco mulleres de voces prodixiosas viven a súa galeguidade na Arxentina coa mesma paixón que cantan as letras de Gardel ou Piazzola.


CORTE 4: Marisa Vázquez - Cantante de tango de ascendencia galega


"É a miña forma de representar a galeguidade. Contando quenes foron os meus pais, como chegaron aquí, por qué".


Para elas este xénero é como a vida mesma resumida nunha canción


Coplas que artistas coma Graciela se encargaron de traducir ó galego


CORTE 5: Graciela Pereira - Cantante de tangos en galego


"Fíxeno dun xeito un pouco transgresor si se quere. Non tivo moi boa aceptación entre a colectividade galega que lles parecía imposible que un tango poidera estar falado noutro idioma pero era unha forma de unir unha música e un idioma moi querido".


Son, coma o tango, un producto da emigración e nelas rexurde a galeguidade.


CORTE 6: Lorena Lores - cantante de tango galego-arxentina

"Eu sempre digo que non podo deixar de emigrar. Vou e veño como as mareas. Estou en Galicia e estraño Bos Aires, e estou en Bos Aires e teño morriña".


E non o pode explicar mellor quen vive entre estas dúas beiras cantando, e se mide entre a forza interpretativa dun tango e a dozura da música galega.


FIN TANGO PARA REMATAR
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

19/01/2017