CRTVG

Buscar

Cinco mozos agriden outro no metro de Bilbao

Publicado o 11/10/2021 08:20
Cinco mozos agriden outro no metro de Bilbao

A Ertzaintza abriu unha investigación tras a denuncia dun mozo por unha brutal malleira sufrida no metro de Bilbao. Cinco persoas agrediron de forma salvaxe a vítima, á que pegaron puñadas na cara, patadas, e mesmo lle tiraron do pelo violentamente. Ao parecer os mozos ían berrando e provocando a xente no vagón. Nun momento dado, a vítima mirounos de xeito serio e iso chegou para comezar a batérenlle. A agresión rematou cando un viaxeiro apartou a vítima dos agresores.

Noticias web

11/10/2021