CRTVG

Buscar

Cinco mortos e 21 feridos nun novo tiroteo nos EUA

Publicado o 01/09/2019 22:20

Aconteceu en Odessa (Texas) | O atacante comezou a disparar indiscriminadamente cando a policía lle deu o alto | Os axentes conseguiron abatelo tras un intercambio de disparos

Ocorreu en Odessa, no oeste de Texas. Un axente deulle o alto a un coche e o condutor respondeu disparándolle. O pistoleiro seguiu a marcha polo interior da localidade, abrindo fogo contra os transeúntes. Logo abandonou o vehículo, fíxose cun camión de reparto de correo e continuou a matanza. Deixou cinco mortos e 21 feridos, antes de que o abateran.

O xefe do departamento de Policía de Odessa dixo que era un home branco, de trinta e pico anos e que estaban terminando de identificalo.

As autoridades informaron de que entre os feridos hai como mínimo sete en estado crítico e tamén un neno menor de dous anos.

Os investigadores tratan de determinar as motivacións do atacante. Un pistoleiro matou en agosto 22 persoas neste mesmo estado e outro deixou nove mortos no de Ohio. Estes tiroteos reabren o debate sobre o control de armas nos Estados Unidos, freado en gran medida polo poder da Asociación Nacional do Rifle.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2019