CRTVG

Buscar

Cinco mil seareiros animan o Deportivo en Riazor no partido decisivo

Publicado o 02/05/2021 21:21

Era un partido transcendental. Notábase no ambiente, xa unha hora antes do inicio do encontro.
Había moito en xogo, tamén a saúde de todos. Por iso se esixiu un cumprimento rigoroso de todas as medidas de seguridade. Primeiro nos accesos, con control de temperatura e hixienización das mans.

"Cada entrada ten un punto determinado para que sente o afeccionado. Están separados segundo a normativa de seguridade, teñen que estar sempre coa mácara posta e non se pode nin fumar nin comer", explica un traballador do club.

Cinco mil voces animaron o equipo en Riazor. O estadio vibrou ao quince por cento da súa capacidade. Foi o partido con máis espectadores de cantos se disputaron en Galicia desde o comezo da pandemia. Non houbo descanso para o persoal encargado da vixilancia.

Xa non se escoita o silencio. Volve soar Riazor.