CRTVG

Buscar

Cinco médicos contaxiados nun hospital de Madrid na despedida dun colega

Publicado o 05/06/2020 07:20

Cinco médicos do hospital Gregorio Marañón de Madrid deron positivo pola COVID-19 e outros dezaseis profesionais sanitarios do centro están illados ante un posible contaxio tras "un encontro" para despediren un médico interno residente do Servizo de Pneumoloxía.

Segundo confirmaron fontes do centro hospitalario, o Servizo de Saúde Laboral deste hospital está a levar a cabo unha investigación epidemiolóxica sobre este contaxio e analizará "as posibles responsabilidades derivadas de actos non autorizados no centro".

Tras o seguimento dos cinco médicos que deron positivo nas probas PCR (tres pneumólogos e dous médicos residentes), o centro mantén en illamento outros 16 profesionais que polo momento son  asintomáticos: oito enfermeiras, dous auxiliares de enfermería, dous administrativos e catro médicos.

Estes 16 profesionais, explicaron as mesmas fontes, atópanse en corentena e con "vixilancia activa", en cumprimento dos protocolos do Ministerio de Sanidade establecidos para estes casos.