CRTVG

Buscar

Cinco empresas do sector alimentario únense baixo a denominación "Xuntos, saborea Galicia"

Publicado o 14/06/2021 15:18

Queixos, viños, carne de vacún e conservas do mar. Todos eles alimentos feitos en Galicia e que a partir de hoxe se acollen a un distintivo común: "Xuntos, saborea Galicia". Cinco empresas galegas acaban de asociarse co obxectivo de promocionar os seus produtos.

"Por que non facer algo todos xuntos para levar o produto galego máis alá de Galicia, produtos que emanan da materia prima de calidade, da terra", asegura Ana Vázquez Márquez, administradora de Airas Moniz.

Xosé Portas, presidente de "Xuntos, saborea Galicia", engade: "Artesanía, man de obra, excelencia, buscar o mellor de cada un nos seus apartados, iso nos levou a pensar que debiamos facer unha cousa entre todos".

As empresas que conforman a nova asociación din sentirse unidas por unha misma filosofía: a de elaborar produto galego artesán autóctono. Tras esta primera posta de longo xa teñen a ollada fixada na Feira Gastronómica de San Sebastián, onde teñen prevista a sua presentación a nivel nacional.

Noticias web

14/06/2021