CRTVG

Buscar

Cinco empresas galegas crean dispositivos de control ambiental no téxtil

Publicado o 26/02/2019 16:43

Seguindo falando de innovación. Agora do traballo dun consorcio de empresas que fai dispositivos para o control ambiental da produción téxtil. Con eles pretenden verificar que se trate de produtos realmente sostibles e que non se produzan fraudes coas etiquetas.

Controlar e verificar os procesos sostibles na fabricación téxtil. Ese é o obxectivo do proxecto posto en marcha por cinco empresas biotecnolóxicas galegas. Pretenden crear dispositivos de control medioambiental beneficioso tanto para as empresas como para o consumidor. 

Manuel Lolo, CEO de AMSlab: "Estanse a utilizar materiais reciclados, rexenerados. Hai fibras que son bio, outras eco, moita etiquetaxe, moitos 'claims' e moita mercadotecnia arredor deste termo de sostibilidade. Entón nós o que detectamos foi unha falta de métodos de control para poder medir e verificar que realmente nesa etiquetaxe relacionada coa sostibilidade non haxa unha fraude para o consumidor".

Nun sector que precisa reducir recursos e residuos como o téxtil as novas tecnoloxías son fundamentais para os promotores deste proxecto, en que colaboran investigadores da Universidade de Santiago e a Axencia Galega de Innovación.

Noticias web

26/02/2019