CRTVG

Buscar

Cinco dos quince adestradores da era Mouriño teñen pasado culé

Publicado o 06/11/2019 16:28

O primeiro adestrador contratado por Carlos Mouriño foi o búlgaro Hristo Stoickhkov, que, tras substituír a Fernando Vázquez, non puido evitar o descenso á Segunda División nos nove últimos partidos da temporada 2006-2007.

Un ano despois, Mouriño volveu confiar nun adestrador con pasado culé. Eusebio Sacristán foi un dos tres técnicos da era Mouriño que aguantaron máis dun ano na dirección do Celta. Eusebio fixo debutar en Balaídos a Iago Aspas, determinante na salvación do equipo no histórico partido ante o Alavés.

Houbo que agardar tres anos para que Mouriño mirase de novo a Camp Barça. Luis Enrique fixo do Celta o equipo revelación da temporada 2013-2014. Vigo foi o seu trampolín para volver a Barcelona como adestrador.

O axudante de Luis Enrique, Juan Carlos Unzué, foi primeiro técnico do Celta na temporada 2017-2018. O sucesor de Berizzo non conseguiu clasificar o equipo para a competición europea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/11/2019