Cinco turistas franceses, detidos pola violación dunha norueguesa en Benidorm
Publicado o 07/08/2019 21:04
• Deteñen un home en Vitoria acusado dunha agresión sexual
• A xuíza mantén en prisión dous acusados da violación grupal de Bilbao
Novo caso de violación grupal, desta volta en Benidorm. A Garda Civil detivo cinco turistas franceses de entre 18 e 19 anos pola agresión sexual denunciada de madrugada por unha norueguesa. Tamén por abusos á súa amiga. Os mozos regresaban hoxe a Francia. Conseguiron prendelos antes de marchar, coa colaboración dun policía francés destinado en Benidorm durante o verán.
As vítimas quedaran co grupo de franceses para divertirse. Declararon que cando comezaron os abusos unha delas conseguiu escapar, pero a outra non.