CRTVG

Buscar

Cinco detidos por presuntas agresións sexuais a unha muller no aparcadoiro dunha praia de Valencia

Publicado o 24/06/2019 08:58

Cinco homes foron detidos por presuntas agresións sexuais a unha muller no aparcamento dunha praia de Valencia.

Segundo consta na denuncia, os homes acurralárona e realizáronlle tocamentos. Despois intentaron atropelala co coche cando escaparon.

Os feitos, segundo informa a Garda Civil, ocorreron o 15 de xuño, nunha praia de Cullera. Segundo denunciou a muller, cando volvía da praia foi abordada por cinco homes, de entre 35 e 50 anos que comezaron a increpala con frases vexatorias e de contido sexual.

Eloy Francisco Acedo, capitán da Garda Civil de Sueca: "Entón a muller ao recibir estes comentarios intenta fuxir deles, e vese que nese momento un deles realiza un tocamento e outro baixa os pantalóns e ensínalle o membro xenital".

A vítima pediulle axuda a unha parella que estaba no lugar, e segundo relatou, os cinco presuntos agresores subiron ao seu vehículo e intentaron atropelala.

Eloy Francisco Acedo, capitán da Garda Civil de Sueca: "Cando a muller xunto coa parella volve á zona de aparcadoiro onde estaban eles, vese que eles tratan de fuxir e nese momento empezan a realizar unha serie de xiros e manobras violentas que, segundo a denunciante, di que tratan incluso de atropelala".

Despois de presentar a denuncia, os axentes conseguiron identificar os cinco homes, veciños da zona, e detivéronos. Está previsto que o martes pasen a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019