CRTVG

Buscar

Cinco detidos por estafas e roubos a persoas maiores en Barcelona

Publicado o 20/07/2019 20:43

Os arrestados están acusados de trece delitos de estafas, coaccións e roubos violentos.
"Estamos falando de persoas que se facían pasar por falsos operarios de gas, de luz e doutros subministros de diversa índole. E nestes casos estas persoas accedían aos domicilios, gañaban a confianza da persoa para que lles facilitase os datos bancarios dos propios contratos e das propias tarxetas. Incluso lles pedían o pin facéndolles crer que houbera un erro nun cobro dunha factura que non debía e que se tiña que retroceder."


Unha vez que tiñan a información da conta, chamaban as vítimas simulando ser traballadores bancarios e pedíanlle novos datos para facer compras por internet. No caso de persoas especialmente vulnerables incluso repetían os roubos. A Polícia insiste en non facilitar nunca os datos bancarios:
"Cando nos chega unha chamada que nos pide datos bancarios e o pin da tarxeta, desconfiemos. Nin as entidades bancarias nos piden datos da tarxeta, e moito menos o número pin, nin as compañías nos piden datos de contratos que en teoría xa poseen e teñen."


Dos cinco arrestados, un é menor de idade. A Policía non descarta máis detencións en relación co caso.
 

Noticias web

20/07/2019