CRTVG

Buscar

Cinco detidos nunha operación antidroga en Mos

Publicado o 23/02/2019 17:13

Armas simuladas e reais, máis de 12.000 euros en efectivo e dous quilos de drogas. É só parte do que atoparon os axentes da Garda Civil no rexistro dunha vivenda de Mos na que sospeitaban que se practicaba o tráfico de drogas a pequena escala. En total detiveron cinco persoas, tres quedaron en liberdade en sede policial e outras dúas, a parella que residía no domicilio rexistrado pasaron xa a disposición xucial.

Nesta operación Frontera tamén descubriron que os detidos tiñan almacenados obxectos de todos os tipos, dende ferramentas e baterías ata material topográfico ou informático. Todo presuntamente roubado e empregado polos toxicómanos para pagar as súas doses.

Agora os axentes fan un chamamento a aquelas persoas que sofrisen roubos en Pontevedra para que comproben se algún dos obxectos atopados nestea operación puidensen ser os seus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2019