CRTVG

Buscar

Cinco detidos e 820 quilos de cocaína incautados a unha organización que agochaba a droga en material de construcción

Publicado o 16/03/2021 08:12
Cinco detidos e 820 quilos de cocaína incautados a unha organización que agochaba a droga en material de construcción

A Policía incautouse de máis de 800 quilos de cocaína e prendeu cinco persoas. Foi unha investigación conxunta entre as policías española e portuguesa, que se iniciou en decembro de 2020 tras detectaren un camión sospeitoso cunha carga legal de bobinas procedentes do Brasil.

O centro de operacións estaba en dúas naves na provincia de Toledo. A cocaína estaba agochada no interior dos illadores sísmicos que se utilizan na construcción de pontes.

Noticias web

16/03/2021