CRTVG

Buscar

Cinco detidos, catro deles menores, pola agresión brutal de Biscaia

Publicado o 29/07/2021 08:22

Xa son cinco os detidos pola malleira de Amorebieta. Polo menos, catro deles menores. Desprazáranse dende outra vila co único propósito de montar liorta.

Na rúa e nas institucións condenan totalmente esta violencia extrema. Parece que a vítima intentara defender outro mozo no que estaban mallando. Segue ingresada en estado moi grave.

Noticias web

29/07/2021