Viana do Bolo, entre os cinco concellos con alta incidencia por mor da ponte do 15 de agosto
As festas patronais deixaron un regueiro de contaxios. Hai cinco concellos de Galicia que teñen acumuladas de alto risco, precisamente tras estas datas festivas. Na maioría das vilas, as festas nin se celebraron, pero as xuntanzas familiares foron os grandes focos de transmisión.
É o caso de Viana do Bolo que pasou en dez días dos 3 casos aos 33. Ten unha das taxas de incidencia máis altas de Galicia por riba dos 1.700 casos por cada 100.000 veciños. Veciños que aseguran que aquí se triplicou a poboación neste mes de agosto e que foron moitos os que relaxaron as medidas e se produciron os contaxios. Entre outras causas, sinalan que organizaron moitas xuntanzas onde se cumpriron esas normas para evitar contaxios.
Na vila xa se fixo un cribado para lograr diminuír a incidencia, pero soamente acudiu un terzo da poboación.