CRTVG

Buscar

Cinco anos sen servizo ORA en Lugo

Publicado o 31/07/2020 16:08

Van xa cinco anos dende que a ordenanza reguladora dos aparcadoiros quedou suspendida en Lugo. Aínda que as máquinas permanecen nas rúas, en moi mal estado, están fóra de servizo e estaciónase de balde, algo que aplauden moitos veciños.

Pola contra outros din que se abusa de aparcar na rúa, que moitos xa non usan os garaxes e que a falta de mobilidade dos vehículos deriva en dificultades para atopar un sitio libre.

Mentres tanto, hai asociacións que reclaman estacionar de balde, pero con zonas reguladas para facilitar, por exemplo, os trámites na contorna de edificios administrativos.

Dende o Goberno local descartan recuperar un modelo de estacionamento de pago e queren reducir a presenza de coches particulares fomentando o uso dos autobuses urbanos e da bicicletas.

Noticias web

31/07/2020