CRTVG

Buscar

Cinco anos de prisión para Fernández Liñares por suborno e prevaricación

Publicado o 10/03/2021 15:47

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condena o expresidente da Condederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, a cinco anos de cárcere por delitos de suborno e prevaricación continuados.

Tamén lle impón a inhabilitación para desempeñar emprego ou cargo público durante vinte anos e o pago dunha multa de 7.200 euros. O Tribunal considera acreditado que o acusado adxudicou contratos de obras a sociedades, tras chegar a un acordo cos seus representantes, a cambio de cartos ou prestacións de traballo nas súas propiedades. Foi entre 2009 e 2012, cando era presidente do organismo.

Ademais, a Audiencia condena oito empresarios implicados como autores dos mesmos delitos a un ano e tres meses de cárcere e a seis de inhabilitación para emprego ou cargo público. Do mesmo xeito, durante seis meses non poderán obter subvencións, axudas ou contratos públicos.