CRTVG

Buscar

Cifuentes rexeita declarar na comisión de universidades sobre o caso Máster

Publicado o 06/03/2019 16:10

Cristina Cifuentes volveu hoxe á Asemblea de Madrid para comparecer na comisión que investiga os títulos de mestrado da Universidade Rey Juan Carlos.

A ex-presidenta rexional non contestou ningunha das preguntas que lle fixeron os deputados de Podemos, Ciudadanos e do Partido Socialista. Cifuentes lembrou que o caso está nos tribunais e que xa contestou alí todas as preguntas. 

Cristina Cifuentes, ex-presidenta da Comunidade de Madrid: "Xa dei resposta a todas e cada unha das preguntas relacionadas coa mesma e tamén coa que xa se formulou. É unha materia sobre a que -seguindo o consello da miña avogada- nin debo nin podo pronunciarme".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/03/2019