CRTVG

Buscar

Cíes e Ons: os dous arquipélagos están recibindo turistas neste festivo

Publicado o 24/06/2020 14:49

Embarcamos no segundo barco que sae dende Bueu cara á illa de Ons. Tras escoitar as recomendacións de seguridade, entre elas a obrigatoriedade das máscaras a bordo, iniciamos a viaxe. O tempo é fresco e hoxe hai moitas ganas de coñecer esta illa dende outra perspectiva.

Non son os primeiros visitantes, as navieiras funcionan dende esta pasado fin de semana, pero para moitos destes viaxeiros Ons é unha grande descoñecida.

E as praias, por suposto, non faltan, pero neste festivo de San Xoán percórrense doutra maneira.

Ao outro lado da ría, é dicir, na de Vigo, tamén se formaron colas, pero desta vez para viaxar ás Cíes. A partir da vindeira semana as illas deste parque nacional estarán máis preto con máis horarios e frecuencias.

Noticias web

24/06/2020