CRTVG

Buscar

Científicos vigueses logran criar polbo en catividade despois de 20 anos

Publicado o 09/11/2018 00:32

O prezo do polbo comeza a moderarse despois de meses de escalada. Por primeira vez nun ano, o prezo medio baixou dos 10 euros, lonxe dos 16 que se pagaban ao principio da campaña. Un prezo récord motivado pola escaseza do polbo e unha demanda que non deixa de medrar. A solución para garantir esa demanda podería estar na acuicultura. 

Despois de 20 anos de investigación, ábrese a porta a criar o polbo en catividade. Científicos vigueses lideraron nesta investigación que permitirá facer do polbo un produto máis rendible. A cría en catividade do polbo é un fito científico internacional e, pola escaseza e cotización desta especie tan aprezada polos consumidores, crea unha expectativa comercial sen precedentes. De feito, Nueva Pescanova ven de adquirir esta patente ao Instituto Español de Oceanografía para a futura explotación mercantil do futuro polbo de piscifatoría

20 anos de investigación resumidos en dous gramos de esperanza. É o que pesan os primeiros exemplares criados en catividade de polbo común, si, ese que nos gusta tanto.

A ciencia conseguira o ciclo reprodutivo pero as larvas acababan morrendo. A novidade agora é poder completar o da crianza, grazas a novas técnicas e a un cambio de alimentación. De momento, só nos permiten velos en fotos, porque a metodoloxía é un segredo.

A visión comercial xa está en marcha. Nueva Pescanova acaba de facerse coa patente para ser a primeira en levar aos mercados o futuro polbo de piscifactoría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2018