Científicos galegos buscan desenvolver un test máis rápido, fiable e barato para detectar a covid-19
Publicado o 06/07/2021 14:47
CRICOV19, así se chama o test que está desenvolvendo un equipo de investigadores no IDIS do Hospital Universitario de Santiago. A proba parte dunha tecnoloxía pola que foron premiadas en 2020 co Nobel dúas científicas. Aquí o que se intenta é adaptar esa tecnoloxía á detección da covid. Esta proba compite directamente coa PCR pois será igual de fiable que ésta pero con resultados listos en menos de media hora.
Un test barato, que non precisa de equipos sofisticados nin persoal especializado para recoller a mostra. Isto faina especialmente apta para as probas en nenos e para máis. Con estas características o test é perfecto para os países mais pobres pero iso si, antes terán que atopar alguén que se encargue de producilo e comercializalo.