CRTVG

Buscar

Científicos cataláns crean minirriles similares aos dun feto de seis meses

Publicado o 18/02/2019 20:17

Non é a primeira vez que se crean riles con células nai, pero nunca se conseguiran utilizando integramente células nai humanas. O traballo dos científicos do Instituto de Biotecnoloxía de Cataluña logrou facer minirriles comparables aos que ten un embrión de seis meses, con vasos sanguíneos, con nervios e con capacidade para medrar. Outro dos logros é o tempo en que se crean estes miniórganos. 

Nuria Montserrat, directora da investigación: "Acurtamos o tempo a 20 días, o que reduce un 30 por cento o tempo que necesitamos para provocar a diferenciación".

Con este avance, os científicos prevén profundar na investigación das enfermidades hepáticas e probar novos fármacos. A longo prazo, ábrese a porta á creación de órganos artificiais para transplantar. 

Nuria Montserrat, directora da investigación: "O obxectivo final que temos é xerar tecido renal artificial que poidamos transplantar mediante a tecnoloxía 3D".

Con todo, advirten de que para chegar ata aí queda moito camiño aínda por andar, no campo da medicina e tamén no da tecnoloxía.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2019